Lume de biqueira (Infantil E Xuvenil - Fóra De Xogo) por Xosé Vázquez Pintor

Lume de biqueira (Infantil E Xuvenil - Fóra De Xogo) por Xosé Vázquez Pintor

Titulo del libro: Lume de biqueira (Infantil E Xuvenil - Fóra De Xogo)

Autor: Xosé Vázquez Pintor

Número de páginas: 280 páginas

Fecha de lanzamiento: June 18, 1999

ISBN: 8483023881

Editor: Xerais

Xosé Vázquez Pintor con Lume de biqueira (Infantil E Xuvenil - Fóra De Xogo)

Lume de biqueira (Infantil E Xuvenil - Fóra De Xogo) por Xosé Vázquez Pintor fue vendido por EUR 13,60 cada copia. El libro publicado por Xerais. Contiene 280 el número de páginas.. Regístrese ahora para tener acceso a miles de libros disponibles para su descarga gratuita. El registro fue libre.

Vigo de Galicia, días de outono do ano 2001. O neto de Anxo Vilariño Enríquez agradece a memoria do avó, incondicional afeccionado, socio soñador dun Celta galego e campión. O rapaz escoita, en necesarias horas de garda e de terapia para o ancián, a grande novela histórica, utópica do fútbol galego. «Bobi» Vilanova Castro era o máis novo. Acababa de se incorporar, con a penas dezanove anos, ó primeiro equipo do Celta de Vigo, que dirixía o severo adestrador alemán Lav Zilay, un vello triunfador do fútbol europeo que obtivera dous subcampionatos da uefa, finalista na Recopa, o Escudeto italiano e tres clasificacións nos mundiais. Daquela o Celta formaba con Domínguez, na portería; Pretinha, -o lateral dereito que chegara do Botafogo, unha marabilla como carrileiro-, Gaula, Rodri e Garcés na defensa; Outes -o medio centro incansable, recuperador de balóns incribles, oriúndo de Lleida con raíces galegas-, Kristopher -o internacional dinamarqués-, Kaisser e Manríquez na media; e Djuva -a estrela do equipo, o goleador esloveno, o señor da área, o dianteiro listo e cazador dos despistes- e Rodobam na dianteira. Un equipo que o presidente Santaló preparara a golpe de talonario para participar nas competicións europeas. Bobi dera un chimpo sorprendente dende a terceira á primeira división da liga de fútbol profesional; el, soamente el representaba á canteira dos campos da Madroa e de Coia. Bobi andaba fino, era listo coma un allo, roubaba, servía, tocaba con aquel xeito seu, ó pé acariñando a pelota, era un estilista. O responsable do seu ascenso, Xaime Barreiro, o humilde adestrador dos equipos xuvenís de base, díxolle ao seu «neniño de diamante», camiño da entrevista co presidente: Bobi, acórdate, paseniño e con humildade, non deixes que che suban os goles á cabeza».